HomesociedadeAs traballadoras do Centro do Viño de Monforte insisten no seu dereito...

As traballadoras do Centro do Viño de Monforte insisten no seu dereito á subrogación

As traballadoras do Centro do Viño de Monforte aseguran que a nova empresa adxudicataria comeza a súa andaina con polémica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores, 26 de maio, celebrouse conciliación no SMAC de Lugo promovido por tres traballadoras do Centro do Viño de Monforte de Lemos, acompañadas pola avogada monfortina Mª Teresa García de Lombas Tapia. Aseguran as traballadoras que o representante da nova empresa adxudicataria ía acompañado pola súa nai, “a histórica militante do PSOE e actual membro da Corporación, Margarita López Rodríguez.”

Segunso as traballadoras, a nova empresa limitouse a dicir que aínda non asinaran o contrato co Concello. “Confiamos en que se garantan os nosos dereitos, sería empezar con moi mal pé saltarse a lei deixándonos tiradas na rúa. Confiamos en que o Alcalde faga que finalmente triunfe a Xustiza e non nos obrigue a presentar denuncia,” engaden as traballadoras.

Insisten as traballadoras do Centro do Viño en que o Convenio ao que están acollidas dalles dereito á subrogación. O Convenio Colectivo de Lecer e Actividades Socioculturais no Artigo 37 recolle: “Dereito de subrogación. Con obxecto de favorecer a estabilidade no emprego, incluído no ámbito deste Convenio, afectado pola dinámica de substitución de adxudicatarios nos contratos, establécese o presente artigo, en virtude do cal a adxudicación dun contrato a unha entidade ou empresa para a xestión dun centro, servizo ou programa que viña sendo xestionado anteriormente por outra entidade, supoñerá o mantemento do emprego a través da subrogación e das novas contratacións, nos termos que se desenvolven neste artigo. O mecanismo de subrogación, definido no presente artigo, operará automaticamente con independencia do tipo e/ou natureza e/ou personalidade da empresa ou entidade de que se trate, xa sexa persoa/entidade física, xurídica ou de calquera clase.”

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...