HomesociedadeO Alcalde inaugura a iluminación do Parque de Cobas

O Alcalde inaugura a iluminación do Parque de Cobas

A actuación foi acometida pola empresa Activa Parques y Jardines S.L., cun custe de 40.083,39 euros, ive engadido. A citada empresa foi a adxudicataria das obras de acondicionamento do Parque de Cobas, que presentou unha oferta por un prezo total de 167.241,21 € (ive engadido), na que se inclúe a partida destinada á mellora da iluminación aludida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de inaugurar a nova iluminación pública do Parque de Cobas que “permitirá a monfortinos e visitantes ir dende o Parque dos Condes ata a Pinguela ou ata a rúa Cobas por uns paseos totalmente iluminados”.

Toda a zona foi dotada dunha instalación de alumeado público da que carecía ata este momento o parque, e está composta por columnas e luminarias tipo LED, con liñas de alimentación soterradas.

O proxecto de acondicionamento dun espazo público no parque do Cobas fora elaborado por unha empresa monfortina e nel descríbense as obras e actuacións necesarias para o acondicionamento de dita zona, situada a carón do río Cabe e da lagoa da Pinguela. Este proxecto concibiuse como continuación deste parque, que foi acondicionado por varios obradoiro de emprego. Recentemente o Concello adquiriu unha parcela de aproximadamente 6.000 m2 para ampliar este parque.

O rexedor municipal tamén anunciou que “en breve este parque de Cobas tamén será mellorado coa supresión dun pequeno establo que se atopa no centro do parque, cuxa supresión permitirá unha mellor comunicación a ambos lados das zonas principais do parque, para disfrute dos nosos cidadáns”. 

Para levar a cabo o financiamento destas obras, o Concello asinou un convenio coa Deputación Provincial de Lugo o pasado 3 de decembro de 2019, en virtude do cal o ente provincial asumirá o custe das obras, mentres que o Concello aboará os 4.840 euros correspondentes á redacción do proxecto e a dirección de obra. 

ÚLTIMAS

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...