HomesociedadeReformas no Colexio da Pobra do Brollón

Reformas no Colexio da Pobra do Brollón

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade licitou o pasado 27 de maio o contrato das obras de reforma do Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) da Pobra de Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, deu a coñecer no Centro Público Integrado (CPI) de Cervantes, outro dos centros beneficiados polos investimentos da Xunta, os detalles dos contratos e explicou que os traballos centraranse no incremento da eficiencia enerxética, a renovación de aseos e outras melloras de pintura e acabados.

Arias lembrou que as intervencións enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia deseñado pola Consellería, unha folla de ruta que, a partir da aprendizaxe adquirida durante a pandemia, pretende avanzar cara a uns centros de ensino mellor acondicionados, con cabida para as novas metodoloxías e a educación dixital, e máis sustentables e confortables.

Así mesmo, subliñou que a aposta da Xunta polo rural “pasa tamén pola modernización dos centros educativos, para que conten co mellor equipamento e continúen medrando tanto en infraestruturas como en servizos”.

No Colexio da Pobra de Brollón investiranse 300.500 euros nun proxecto que contempla a substitución da cuberta inclinada de tella por outra de panel de aceiro con illante intermedio, a colocación de illamento sobre forxado, e outras actuacións para completar as medidas de mellora da eficiencia enerxética xa introducidas nalgúns espazos.

Así, substituiranse as carpinterías exteriores e persianas que non foron renovadas por outras que proporcionen un mellor illamento, e instalarase falso teito rexistrable acústico e iluminación LED nas aulas que non dispoñen deste sistema. Na cociña e no almacén colocaranse placas de xeso laminado. Finalmente, vanse renovar os aseos e pintaranse os paramentos afectados, beirados e soportal. O prazo de execución será de tres meses.

A Xunta de Galicia licita estas obras polo procedemento de urxencia para poder executalas durante o verán, co fin de interferir o mínimo posible no desenvolvemento da actividade docente.

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...