HomesociedadeO Incio mellora a pavimentación de acceso a Santalla de Bardaos

O Incio mellora a pavimentación de acceso a Santalla de Bardaos

O Concello do Incio está a levar a cabo a execución dos traballos de mellora na pavimentación de acceso a Santalla de Bardaos, que precisaban ser reparados debido ao seu desgaste.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras consisten na extensión e compactación de mestura asfáltica en quente nun tramo de 465 metros, antes en rego asfáltico deteriorado, e na limpeza de cunetas. Esta actuación enmarcase dentro do Plan Marco de mellora de camiños municipais 2020-21 do Concello do Incio. 

En concreto, refírese ao mantemento e mellora de camiños en Santalla, que alcanza un investimento total de 19.000 euros. O proxecto inclúe tamén o mantemento e mellora de camiños en As Cortiñas e Romariz e alcanza un investimento total de 56.902,67 dos cales 47.027,00 euros son achegados polo AGADER e a parte restante polo Concello.

As obras foron adxudicadas a Ovisa Pavimentos y Obras SLU e está previsto o seu remate nos vindeiros días. Ademais destas obras, o Concello ten previsto acometer outras similares en diferentes puntos do municipio de mellora da rede viaria municipal das que irá dando conta.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...