HomesociedadePensando na conciliación, Sarria presenta o campamento urbano deste verán

Pensando na conciliación, Sarria presenta o campamento urbano deste verán

A Concellería de Servizos Sociais impulsa ‘Sarriaconcilia 2021’, un amplo programa de actividades para a rapazada nacida entre o 2009 e o 2017. O prazo para inscricións remata o 7 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este programa que impulsa o Concello de Sarria ten como obxectivo facilitar a conciliación familiar ofrecendo un amplo programa de actividades de ocupación do tempo libre adaptadas á Covid-19 e coa cobertura de necesidades materiais e de seguros que procede nestes casos –seguro de accidentes e de responsabilidade civil–.

Entre as actividades que se inclúen están: diferentes deportes –fútbol, fútbol sala, baloncesto, patinaxe, ximnasia, ciclismo–, zumba, actividades acuáticas, pinball, excursións, obradoiros, baile galego, contacontos, cinema… Destacando, ademais, que en todas traballarase o concepto de igualdade e outros valores como a convivencia, a corresponsabilidade ou a resolución de conflitos.

Os destinatarios son aqueles cativos e cativas que naceran entre os anos 2009 e 2017, empadroados e escolarizados no Concello de Sarria. Así mesmo contémplase que o 75% das prazas serán concedidas de forma preferente a familias nas que os dous proxenitores estean en situación laboral activa e a familias monoparentais/monomarentais en situación tamén de actividade laboral. O 25% restante de prazas serán para familias que soliciten entrar no programa ‘por lecer’ entendendo que os/as proxenitores non están en situación activa laboral.

O programa de actividades desenvolverase do 28 de xuño ao 6 de setembro de luns a venres no IES Gregorio Fernández e o prazo para presentar as solicitudes remata o 7 de xuño.

A inscrición poderase facer no CEIP Frei Luís Granada e no enderezo concilia@sarria.es  e o prezo é de 8,86 euros por quincena –días soltos de xuño e setembro tamén ese prezo–.

As bases completas desta convocatoria e o impreso de solicitude están na páxina web do Concello de Sarria.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...