HomeMedio ambiente e PatrimonioInterior Galego Vivo na manifestación contra as eólicas

Interior Galego Vivo na manifestación contra as eólicas

Desde Por un Interior Galego Vivo apoian saír á rúa este sábado, 5 de xuño Día do Medio Ambiente, por un modelo enerxético xusto e sustentable.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A manifestación lánzase por parte de máis de 130 colectivos, plataformas e entidades galegas de todo tipo (ecoloxistas, veciñais, sociais, culturais, sindicais…) para manifestar o rexeitamento á invasión especulativa dos muíños de vento no noso territorio.

A plataforma cidadá Interior Galego Vivo asegura que é necesario un canon eléctrico que repercuta positivamente no territorio; blindar espazos naturais e singulares e a xeración distribuída, outro modelo de produción enerxética descentralizada e ligada a pequenos produtores rurais, “rachando co oligopolio das eléctricas que fan que teñamos das facturas máis altas de Europa.”

Observatorio enerxético local en Chantada

Chantada non é allea a esta situación, contando con impactos no Faro e en diversas parroquias por liñas de alta tensión cada vez máis numerosas e polas que non se compensa nen informa á viciñanza afectada como é debido. “En consecuencia, o grupo de traballo de enerxía, dependente da Comisión política de Por Chantada, constituíu un Observatorio enerxético local, que asume os principios e e demandas de IGV e que está aberto a todas aquelas persoas que desexen participar para formarnos e tecer rede de apoio mutuo e información á cidadanía fronte os abusos do oligopolio e das administracións,” apuntan desde Interior Galego Vivo.

Ademais IGV vén de subscribir o manifesto Eólicos, así non!, documento que con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, fai un chamado á participación da sociedade galega nunha grande mobilización social que “esixa dun xeito contundente e masivo a paralización urxente de preto de 200 proxectos eólicos que arestora están en tramitación nas administracións da Xunta e do Estado e que pretender asentarse dun xeito caótico e irracional no noso territorio,” aseguran.

Segundo IGV “O escrito chama a atención sobre o papel de Galiza como territorio xa especialmente prolífico na produción de enerxías renovábeis. Instamos a derrogar o actual Plano sectorial eólico por carecer de ordenamento e avaliación ambiental e favorecer a especulación e o negocio do oligopolio enerxético por riba do ben común, dos dereitos das persoas, do futuro do rural, ou da preservación da paisaxe, da contorna natural e do patrimonio cultural.”

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...