HomeCultura“Pedra Sacra” en Taboada e Carballedo

“Pedra Sacra” en Taboada e Carballedo

A Asociación de Amigos de Manuel Jorge de Chantada organiza a mostra “Pedra Sacra”, resultado do I Concurso Fotográfico Christina Shellman “Pedra Sacra”

Publicado o

- Advertisement -

O éxito da exposición que permaneceu desde a segunda quincena de xullo no Círculo Recreativo e Cultural de Chantada fai que se leve a outros concellos da comarca. Ata o 21 de agosto poderase ver na Casa da Cultura de Taboada e do 23 de agosto ao 7 de setembro levarase á Casa do Concello de Carballedo.

Segundo a asociación organizadora a exposición recibiu moitos visitantes mentres estivo en Chantada o que os animou a trasladala a outros concellos da contorna, aproveitando a afluencia de visitantes nesta época do ano. A iniciativa pretende tamén achegar a cultura a lugares pequenos e poñer en valor espazos expositivos que non se estaban utilizando e que ofrecen moitas posiblidades, como a Sala de Exposicións de Taboada, como apuntan desde a Asociación.

As fotografías que conforman a exposición son imaxes da zona, o que sumado ao carácter itinerante da mostra e á época de maior asistencia de visitantes, axudará a dar visibilidade ao patrimonio da zona e aos recursos turísticos.

CÍRCULO SAVIÑAO

O Círculo Cultural e Recreativo do Saviñao  acolle este sábado día 18 ás 23.00 h., concerto lusófono do cantautor angolano Alberto Mvundi e o 26 de agosto ás 20.00 inaugurarase a exposición de acuarelas de Sé Senande “Postais de Lalín e comarca”.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...