HomesociedadeMellora da fonte cibernética da Praza da Compañía de Monforte

Mellora da fonte cibernética da Praza da Compañía de Monforte

A reparación consistirá na substitución da reixa electrosoldada, formada por unha pletina de aceiro tipo Trámex, que recubre a fonte na súa totalidade. Esta actuación foi adxudicada á empresa monfortina Alumetal por un importe de 27.140,30 €, ive engadido.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte de Lemos conta con diversas fontes públicas, unha das máis concorridas é a que se sitúa na Praza da Compañía, que é un dos puntos de máis interese e afluencia turística da cidade. O concello decidiu acometer a reparación desta fonte cibernética da praza da Compañía, logo de constatar o seu estado de deterioro, debido ó paso de vehículos por esta zona, cando se celebra na praza algunha actividade.

As obras de mellora consistirán dunha banda a reparación da fonte e doutra, o cambio da malla metálica, e a instalación dun peche perimetral na mesma. Para elo, o Alcalde, José Tomé Roca, ven de asinar a adxudicación destas obras de mellora por un importe total de case 40.000 euros (39.468,63 €, ive engadido). O prazo de execución de ambas actuacións é de 1 mes.

“Con esta actuación recuperaremos e protexeremos a que é unha das fontes máis concorridas da cidade, situada nun dos puntos neurálxicos da cidade, para o disfrute de todos os monfortinos e monfortinas, particularmente polos nenos e nenas, así como das persoas que nos visitan” sinalou o Alcalde.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...