HomePolíticaO PP insta ao goberno provincial a reparar as vías provinciais de...

O PP insta ao goberno provincial a reparar as vías provinciais de Folgoso do Courel

O grupo provincial do PP segue comprobando o estado da rede de estradas dependente da Deputación de Lugo. Nesta ocasión, estudou como se atopan as vías provinciais no Courel, que definen como "nun estado pésimo".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O “pésimo estado” das vías que dependen da Deputación ten unha influencia negativa tanto no número de turistas que recibe o Concello como no desenvolvemento da actividade gandeira. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “O grupo provincial do Partido Popular recorreu as estradas provinciais de Folgoso do Courel, un municipio que conta co Xeoparque Montañas do Courel, igualmente está pendente da  declaración de Reserva da Biosfera. Estamos a falar dun entorno, dun patrimonio natural espléndido, polo que ten que velar a Deputación de Lugo. Dicimos isto porque o estado das estradas dependentes provinciais neste concello é pésimo e iso ten unha influencia decisiva no sector do turismo e estamos en época de velar por esta fortaleza da economía”.

Os populares destacan que O Courel é un dos grandes valores paisaxísticos e naturais da provincia, e, polo tanto, unha zona que recibe numerosísimos visitantes e que ten no turismo un dos seus grandes potenciais. Castiñeira declara: “Unha das estradas en mal estado, que conduce a un lugar de especial interese turístico, é a LU-P 1303, que leva á Devesa de Rogueira e as zonas xeoloxicamente máis importantes, como Visuña: outra, é a LU-P 1304, que leva ao túnel romano de Romeor, ou a LU-P 1306, pola que se chega a aldea de Seceda, que está declarada como BIC; a LU-P 4701, que conduce a aldea de Froxán, tamén BIC”.

Castiñeira destaca que “o moi deficiente estado das estradas crea moitísimas dificultades na zona con máis gandaría, como é o caso da que se sirve fundamentalmente pola estrada LU-P 4501, que dá acceso á Teixeira”.

Castiñeira sinala: “Seguimos pedindo ao goberno da Deputación que amañe estas estradas e que vele polos intereses turísticos e económicos dunha zona tan importante como é O Courel, que precisa apoio”

ÚLTIMAS

O Desfile da Confraría do Viño de Quiroga abre os actos da Feira do Viño

Baixo ameaza de chuvia uns minutos antes da unha do mediodía deste sábado os...

Quixós, terceiro posto na 2ª Copa galega de Promoción de Slálom

O encoro de Pontillón do Castro, en Verducido (Pontevedra), onde están as instalacións da...

O Ministerio de Transportes afrontará a remodelación do firme da N-540 tras a Semana Santa

O Goberno inviste preto de 11 millóns de euros na renovación integral do viario...

XVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas na Feira do Viño de Quiroga

Dentro do actos da Feira do viño de Quiroga, o día 19 a partir...