Homesociedade"O camiño interior" na etapa Triacastela-Sarria con José María Poveda

“O camiño interior” na etapa Triacastela-Sarria con José María Poveda

O creador de Españois no Mundo, Miguel Ángel Tobías, chega a Galicia co seu novo proxecto: O CAMIÑO INTERIOR. Unha serie documental de 16 capítulos na que percorrerá o camiño de Santiago desde León a Fisterra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Miguel Ángel iniciaba este luns, 7 de maio, a etapa de Triacastela a Sarria acompañado de Jose María Poveda, neuropsiquiatra de recoñecida traxectoria a nivel internacional. Xuntos compartirán sensacións e emocións, que leven á reflexión e á acción. Unha viaxe motivadora na que o espectador poida atopar algunhas ferramentas, que lle axuden a saír desa “zona de confort” ou de “disconfort” na que nos atopamos en moitos momentos da nosa vida, e da que non sabemos ou non podemos saír.

Nesta etapa, na que decidiron percorrer o tramo que pasa polo Mosteiro de Samos, Jose María compartirá os coñecementos e experiencias adquiridos ao longo da súa carreira profesional. A Humanidade está a vivir a maior crise existencial da época moderna por culpa da Pandemia. “Todo o noso mundo, tal e como o coñeciamos, deuse a volta, modificando pensamentos, condutas… Sen dúbida unha gran traxedia para as persoas que se viron afectadas en primeira persoa, pero sen dúbida unha gran oportunidade para as sociedades, de repensar todo un sistema de valores que nos xeraron progreso, pero tamén moitas desigualdades e inxustizas, e un balance negativo entre “o ser” e “ o ter”, en favor deste último, o que sen dúbida nos xerou como individuos e colectivamente un alto grao de infelicidade e sen carga, que tentamos encher coa acumulación de máis e máis cousas materiais, e repetindo así unha e outra vez o círculo vicioso”, apuntan desde a produtora.

Mochila dun peregrino no Camiño de Santiago. Foto: XMF

O Camiño de Santiago permítenos e obríganos a desposuírnos do noso personaxe, das nosas posesións, das nosas miserias, do noso acelerado ritmo de vida… e aos poucos ir penetrándonos en sentido profundo e último do camiño. Para esta viaxe do camiño interior contarase con José María Poveda, é coñecida a súa forte vinculación con Oriente onde viaxou co fin de estudar as prácticas de saúde tradicionais e os métodos de asistencia ás enfermidades mentais. Especialmente significativo é o caso de Cambodia, onde desenvolveu proxectos humanitarios de empoderamento dos mestres e sectores vulnerables (nenos e nais) a través dos TIC.

Miguel Ángel Tobías

Os seus proxectos caracterízanse por ter un enfoque social e solidario. Proba diso, algún dos seus últimos traballos como “O guión da túa vida” no que nos mostra que é posible superar a adversidade. Un impulso cinematográfico para achegar esperanza e optimismo no medio desta situación. En “O Secreto de Ibosim”, o reto foi crear a primeira película de cinema sostible e con pegada carbono 0 da historia. O camiño interior é a aposta que este ano a produtora Acca Media decidiu levar a cabo.

ÚLTIMAS

Iníciase novo procedemento de contratación do equipamento do ximnasio da Pinguela

A Xunta de Goberno aprobou esta semana, o expediente negociado e sen publicidade para...

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N, é o slogan da campaña que inclúe...

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...