HomeMedio ambiente e PatrimonioA alcaldesa de Folgoso preocupada polo lume "porque aínda non comezou o...

A alcaldesa de Folgoso preocupada polo lume “porque aínda non comezou o verán”

A primeira edil vinculou o lume a persoas que poidan rexeitar a presenza do lobo e do oso na zona, para seguidamente soltar que "non se pode xustificar un incendio de ningunha maneira".

Publicado o

- Advertisement -



A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, non dubida da intencionalidade dun incendio que se iniciaba na madrugada do sábado e que arrasou xa “case 200 hectáreas”, segundo as súas estimacións, aínda que a Consellería do Medio Rural xa o dá por controlado.

O lume iniciábase pasadas as 4,30 horas da mañá do sábado, afectando sobre todo as parroquias de Folgoso do Courel e tamén de Ferreirós.

Castro constatou que a situación da mañá deste luns era “mellor” e puxo o acento tanto no traballo realizado durante o domingo como á axuda do “ballón” caído nas últimas horas do fin de semana. A rexedora calcula que este incendio poida chegar ás 200 hectáreas afectadas.

Ademais, confesou, dada a “intencionalidade” das chamas, que se atopa “triste e moi preocupada porque aínda non empezou o verán” e este municipio xa leva tres incendios, o cal non ocorría “desde hai varios anos”.

De feito, vinculou o lume a persoas que poidan rexeitar a presenza do lobo e do oso na zona, para seguidamente soltar que “non se pode xustificar un incendio de ningunha maneira”.

Haberá que facer máis labor de concienciación, axilizar as axudas polos danos (do lobo e do oso). Que a xente que prende lume pense que tamén pode arder a súa casa”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...