HomeMedio ambiente e PatrimonioOs técnicos constatan que non hai risco de erosión nin escorrentía tras...

Os técnicos constatan que non hai risco de erosión nin escorrentía tras o incendio de Folgoso do Courel

Así, as necesidades pasarían, segundo as primeiras análises, por rexenerar a vexetación a longo prazo, especialmente nas valgadas.

Publicado o

- Advertisement -



Un grupo de técnicos do Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán desprazáronse este venres a Folgoso do Courel para avaliar os danos causados polo incendio rexistrado esta semana na zona e que afectou a unhas 185 hectáreas.

En concreto, tras a análise realizada, os técnicos puideron comprobar que o chan non sufriu un nivel de afección importante, polo que non parece haber risco de erosión nin de escorrentía, a pesar da pendente existente na zona.

Así, as necesidades pasarían, segundo as primeiras análises, por rexenerar a vexetación a longo prazo, especialmente nas valgadas.

O lume quedou extinguido o pasado luns na parroquia homónima, tras comezar na madrugada do sábado, afectando 145 hectáreas de raso e 40 arboredos.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...