HomePolíticaOs socialistas do Courel preguntan pola limpeza dos camiños a raíz do...

Os socialistas do Courel preguntan pola limpeza dos camiños a raíz do incendio de Ferreirós de Abaixo

A voceira socialista de Folgoso do Caurel, Carmen Álvarez, preguntará no vindeiro pleno pola limpeza dos camiños en Ferreirós de Abaixo, tralo incendio que aconteceu o pasado 12 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Carmen Álvarez lembra que o Grupo Parlamentario Socialista xa rexistrou iniciativas na Cámara Autonómica sobre os incendios do Courel. Explica que o pasado sábado 12 de xuño declarouse un incendio en Folgoso do Courel, no que ás nove da mañá o incendio xa calcinara 105 hectáreas e seguía activo, resultando un total queimado de 185 hectáreas, segundo a Consellería de Medio Rural das cales 40 son arboradas. Ademais remarca que este lume comezaba na localidade de Ferreirós de Abaixo, acercándose perigosamente ás vivendas. E segundo a mesma fonte participaron nas tarefas de extinción trinta e dúas brigadas forestais, once axentes, un técnico, catorce motobombas, unha pala, oito avións e dous helicópteros.

A voceira socialista argumenta que a Agrupación Socialista de Folgoso, “defendeu unha moción no pleno do mes de agosto de 2018, para que se crearan polo menos 2 brigadas antiincendios, 2 condutores de motobomba, e que se dote do material necesario para o desenvolvemento do seu traballo”.

Nesa liña tamén sinala que no pasado mes de decembro do ano 2020, insistiu noutra sesión plenaria, “na necesidade de acondicionar e limpar o camiño no pobo de Ferreirós de Abaixo, onde aconteceu este incendio”.

Álvarez emprazou ao Concello a revisar o estado actual da limpeza de camiños do Concello de Folgoso do Courel. “A través do Plan Marco para a mellora das estradas de titularidade municipal, o noso Concello ten unha ferramenta útil para a mellora e o acondicionamento así como a limpeza dos nosos camiños. Por iso insistimos na necesidade de actualizar o listado das nosas estradas, co fin que se actúen naquelas que é prioritario”, resumiu.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...