HomesociedadeVolven as "Andainas da man de..." na Pobra do Brollón

Volven as “Andainas da man de…” na Pobra do Brollón

Esta fin de semana na Pobra do Brollón haberá unha nova ‘Andaina da man de...’, un programa de visitas organizadas polo Concello nas que os propios veciños fan de guías.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O ciclo de andainas comezou no 2019 con moi boa acollida pero o ano pasado viuse interrompido pola pandemia. A actividade volve este domingo 27 de xuño cunha andaina na parroquia de Salcedo. Comezará ás 10:00 da mañá na aldea de Domiz, dende onde se camiñará ata a ferrería de Loureiro. Alí, Alberto, da familia propietaria do edificio contará aos participantes a historia do lugar.

Ó regreso falarán Lucas e Manuel sobre un proxecto de recuperación de alvarizas na zona. De volta en Domiz os caminantes serán recibidos por Noa, un avituallamento e alguna actuación musical.

O percorrido son aproximadamente 7 kms. A participación é gratuíta, previa reserva no teléfono 650 624 828.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...