HomesociedadePremios do Clúster da Lousa de Galicia para os mellores expedientes académicos

Premios do Clúster da Lousa de Galicia para os mellores expedientes académicos

O xerente do Clúster, Severino González, fixo entrega do premio, un cheque de 300 euros, a tres alumnas de bacharelato do Barco. A Rúa e Quiroga. Neste último concello a premiada foi Lucía Álvarez Domínguez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Clúster da Lousa de Galicia decidiu premiar a excelencia nos estudos do alumnado galego e fixo entrega de tres talóns de 300 euros a estudantes de bacharelato dos concellos do Barco, A Rúa e Quiroga.

No IES de Quiroga, o xerente do Clúster, Severino González, fíxolle entrega do premio ao ‘Mellor Expediente de Bacharelato’ a Lucía Álvarez Domínguez.

A quiroguesa recibía este premio acompañada do xefe de estudos do IES de Quiroga e profesor de matemáticas, Marcelo Pedredo, quen quixo destacar a calidade e excelencia académica desta quiroguesa quen recoñecía que lle “empezaron a gustar as mates  grazas as súas clases”.

Ademais, este non é o único premio que recolle Lucía desde que rematou os exames de selectividade. O pasado día 24 de xuño participaba nun acto telemático da USC no que se recoñeceu que tiña un dos mellores expedientes da ABAU deste ano.

PREMIADAS NA RÚA E NO BARCO DE VALDEORRAS

No IES Cosme López da Rúa de Valdeorras, resultou premiada Paula Pérez e no IES Martaguisela do Barco de Valdeorras gañou Inés Docampo.

ÚLTIMAS

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...