HomeEconomía45 ideas chegan á VII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente...

45 ideas chegan á VII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

A selección do xurado darase a coñecer o 15 de xullo. As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de Setembro do 2021, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 30 de xuño remataba o prazo de presentación de ideas para o VII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra. Para incentivar a participación nesta edición do Concurso contouse coa colaboración de todos os proxectos gañadores nas convocatorias anteriores que conseguiron facerse realidade grazas á aportación económica do concurso e ao apoio e asesoramento empresarial que recibiron. 

A través da web sementeribeirasacra.org recibíronse case medio cento de ideas empresariais, proxectos innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos. Case a metade das ideas proveñen das provincias de Lugo e Ourense, 14 ideas chegaron da provincia da Coruña e 7 da de Pontevedra. 

As ideas presentadas teñen temáticas variadas relacionadas coas novas tecnoloxías, enerxías limpas, agricultura sostible, economía circular ou turismo e chegaron tamén de diversos puntos de España como Alicante, Barcelona, Cádiz, Ciudad-Real, Granada ou Madrid. De todas elas, o xurado seleccionará as 10 finalistas que aporten maior interese conforme aos obxectivos do concurso. A selección do xurado darase a coñecer o 15 de xullo. As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de Setembro do 2021, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org. 

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto (presencial ou telemáticamente segundo as posibilidades de desprazamento pola situación da COVID-19). O fallo do xurado darase a coñecer o día 16 de outubro do 2.021, sempre que as circunstancias o permitan. 

Nesta VII edición do Concurso amplíanse as dotacións dos premios.

  • 1º Premio – 12.000 €
  • 2º Premio –   8.000 €
  • 3º Premio –   5.000 €

ÚLTIMAS

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un...

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...