HomesociedadeRefórzase a proxección do Camiño na comarca de Sarria cun novo guía...

Refórzase a proxección do Camiño na comarca de Sarria cun novo guía turístico

A Deputación asina un convenio de colaboración coa asociación Amigos do Camiño de Santiago da comarca de Sarria para mellorar a atención aos peregrinos e peregrinas que chegan á localidade

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo apoia a proxección do Camiño de Santiago ao seu paso pola comarca de Sarria ao contribuír á contratación dun guía turístico cunha axuda económica. Esta persoa atenderá no local do colectivo Amigos do Camiño de Santiago, tal e como recolle o convenio asinado no Pazo de San Marcos entre o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o presidente desta asociación, Jorge López, que dispón dunha subvención de 3.000 euros para este fin. 

Desta maneira, vese reforzado o papel deste colectivo neste ano Xacobeo ao contratar unha persoa máis que se suma ao traballo que agora mesmo realizan os voluntarios desta asociación. O novo guía terá unha xornada de 3 horas diarias durante os meses de xuño a setembro con dominio de linguas como o inglés, francés, xaponés e o coreano. A atención será, principalmente nas horas centrais do día, momento no que chega a meirande parte dos peregrinos a esta comarca. 

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...