HomeSucesos77.000 euros para melloras no Ceip Rosalía de Castro de Bóveda

77.000 euros para melloras no Ceip Rosalía de Castro de Bóveda

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade destina 77.000 euros ás obras de mellora que se están a executar nos últimos meses no Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Rosalía de Castro, en Bóveda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este venres, 9 de xuño, o centro para comprobar os traballos rematados, e anunciou que proximamente dará comezo a reforma da cociña, onde se substituirán as instalacións de gas, fontanería e saneamento ademais dos acabados de paredes e chan.

Instalouse un baño no interior dunha aula de Educación Infantil e ampliou a biblioteca. Así mesmo, cambiáronse as ventás das fachadas este e oeste por outras con mellor illamento que resultan máis eficientes dende o punto de vista enerxético. Igualmente, habilitou unha rampla para mellorar a accesibilidade ao colexio.

Arias confirmou que se están valorando novas intervencións no colexio para os vindeiros meses. Ao respecto, lembrou que o Goberno galego está a desenvolver o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que avanza no obxectivo de habilitar centros de ensino máis sustentables e respectuosos co medio ambiente, e incorpora outras leccións extraídas da pandemia da covid-19.

O plan contempla seis eixos de actuación: O encaixe dos centros no espazo urbano, o seu aspecto exterior, os espazos de socialización, a distribución interior, o establecemento de polos creativos (espazos maker) e a eficiencia enerxética.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...