HomesociedadeTomé Roca presidirá por dous anos a xunta reitora da UNED de...

Tomé Roca presidirá por dous anos a xunta reitora da UNED de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presidirá a Xunta Reitora do centro asociado da UNED de Lugo os vindeiros dous anos. Unha decisión que se acordou este venres nunha sesión ordinaria que celebrou a Xunta Reitora -ata o de agora presidida pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez- que se celebrou na sede que a universidade a distancia ten na cidade lucense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta sesión, ademais de acordar o cambio da presidencia, que é un cargo rotatorio, tamén se lle deu o visto bo aos Orzamentos desta entidade educativa para o 2022, que ascenden a preto de 955.000€ para o centro de Lugo e as aulas de Monforte de Lemos, Viveiro e Foz. 

Así mesmo, a Directora da UNED de Lugo, Ana Belén Traseira, deu conta das actividades que se celebraron ao longo deste pasado curso, no que notaron un aumento da matrícula. No caso dos estudos regrados chegouse ao teito histórico de 1.300 alumnos que se inscribiron nalgunha das opcións educativas no curso 2020-2021. Celebráronse 112 actividades de extensión universitaria nas que participaron máis de 5.000 alumnos e alumnas.  

Os membros da Xunta Reitora tamén coñeceron a memoria de liquidación do pasado exercicio e avaliaron as iniciativas que se puxeron en marcha ou que continúan desenvolvéndose, como é o caso de Lugo cultura dixital ou UNED Lugo NaturalMente, que inciden en aspectos vencellados coa optimización de recursos e o coidado do medio ambiente e o impacto do cambio climático.

Convenio Lugo cultura dixital

Tamén este venres asinouse un convenio de colaboración para continuar co proxecto Lugo Cultura Dixital, que ten como obxectivo a difusión da cultura da provincia, a promoción do asociacionismo, o impulso da inclusión e a alfabetización dixital, e a divulgación dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

A institución provincial destina 25.000€ para financiar as actividades que se organizan no marco desta iniciativa, que se vén desenvolvendo dende o ano 2014.

A institución provincial colabora cunha achega total de preto de 300.000 euros anuais coa Universidade de Educación a Distancia para gastos derivados do centro lucense e a posta en marcha de diferentes proxectos cos que o seu alumnado pode ampliar a formación. En conxunto, a Deputación apoia o ensino superior na provincia cunha aportación que ronda o millón de euros, entre a colaboración coa USC e da UNED a través de diversas vías.

ÚLTIMAS

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...