HomesociedadeEducación en Igualdade en Folgoso do Courel

Educación en Igualdade en Folgoso do Courel

O concello abriu o prazo de inscrición nos Obradoiros de Actividades Coeducativas en Igualdade para nenos e nenas, que se van desenvolver do 19 de xullo ao 31 de agosto.

Publicado o

- Advertisement -

Os obradoiros están dirixidos a nenos e nenas de 3 a 13 anos, faranse en horario de 10:00 a 13:45 h. e as prazas ofertadas é de 15 participantes.

Terán preferencia na inscrición os nenos e nenas empadroados no Concello de Folgoso do Courel e aqueles interesados en participar poden anotarse ata o 16 de xullo.

Para formalizar as inscricións pódese facer no propio rexistro do concello ou de xeito telemático a través da sede electrónica.

De existir máis demanda que prazas ofertadas estas cubriranse por estrito orde de presentación de solicitudes e haberá unha listaxe de agarda ante posibles baixas.

Actividade suxeita a que as autoridades sanitarias o permitan e adaptada ás medidas de seguridade sanitaria vixentes. Financia: Pacto de Estado conta a Violencia de Xénero.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...