HomesociedadeAccésit á Internacionalización 2021 para ViniGalicia

Accésit á Internacionalización 2021 para ViniGalicia

O xerente da compañía e a responsable de exportación recolleron este recoñecemento na V edición do premio Peme do Ano de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A empresa de Chantada, ViniGalicia, vén de obter o accésit á Internacionalización na V edición do Premio Peme do Ano de Lugo convocado pola Cámara de Comercio de Lugo.

A pesar da situación sanitaria, a Internacionalización tivo un comportamento moi positivo na compañía, aumentando a facturación durante os meses de pandemia nun 13% con respecto ao 2019. Ademais, Vinigalicia logrou aumentar a carteira de clientes en países nos que xa tiña presenza, creando marcas novas adaptadas ás súas necesidades e, tamén, conseguiu levar marcas propias a máis países a través de novos distribuidores.

Estes logros son moi importantes para a empresa chantadina, froito do traballo e a dedicación do seu equipo, dando mostra de que conseguiron adaptarse aos inconvenientes en ausencia de feiras e eventos que axudan a forxar alianzas comerciais internacionais.

Esta familia adegueira naceu no ano 1940 e a día de hoxe logrou estar presente nas 5 denominacións de orixe galegas, vendendo en 22 países e consolidándose como un referente de viños galegos no mundo.

ÚLTIMAS

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos...