HomeComarca de SarriaLáncaraA Xunta realiza a proba de carga da Ponte de Valdriz en...

A Xunta realiza a proba de carga da Ponte de Valdriz en Láncara

Situáronse na plataforma tres camións de 37 toneladas de peso cada un para comprobar a resistencia da infraestrutura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda realizou a proba de carga da ponte de Valdriz, en Láncara, que vén de ser ampliada no marco das obras de construción dunha senda peonil e ciclista na estrada autonómica LU-621.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliñou que os traballos neste punto están próximos a finalizar. O proxecto contempla tamén a execución dunha rotonda para mellorar o tráfico no entorno da urbanización de Valdriz, ademais da senda de preto de medio quilómetro (460 metros) que discorrerá pola marxe esquerda entre este punto e o inicio das beirarrúas da Pobra de San Xiao.

As obras foron licitadas cun orzamento de case 730.000 euros, aos que se engaden 103.200 euros investidos no retranqueo e soterramento da  liña de evacuación da hidroeléctrica de Valdriz. 

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...