HomeMedio ambiente e PatrimonioMartín Alemparte, xerente de Courel Montains: "aínda queda moito traballo por facer...

Martín Alemparte, xerente de Courel Montains: “aínda queda moito traballo por facer para a declaración de Xeoparque”

Publicado o

- Advertisement -

Martín Alemparte, coordinador da candidatura de Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, explícanos en que consisten as xornadas que se van a celebrar en Quiroga por mor desta candidatura á vez que manifesta as súas inquedanzas e necesidades ante este proxecto.

Cal é a finalidade das xornadas que tedes programadas sobre o Xeoparque Montañas do Courel?

Dar a coñecer e poñer en valor todo o que temos na zona. Dende fai 15 anos traballamos constantemente para poñer en valor o que a natureza brindou ó interior da provincia de Lugo pero non foi ata agora, ca candidatura a xeoparque, cando realmente a xente viu todo o que realmente tiña.

Queremos que todos aqueles que non son da zona saiban o que realmente hai. É máis, as xornadas comezan o luns 20 explicando que é o  noso patrimonio xeolóxico, para que serve, onde atopalo e as diversas variantes nas que está presente a xeoloxía. Temos a intención de explicar dun xeito ameno e sinxelo para que ninguén marche con dúbidas. Para todo isto tamén están presentes Enríque Díaz Martínez do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España e a Daniel Ballesteros, investigador da universidade francesa e membro do comité científico do Proxecto de Xeoparque Montañas do Courel.

Ademais, imos presentar de xeito oficial a guía Las Montañas del Courel: una geología muy humana.  Aínda que está feita para cando viñeron os avaliadores da UNESCO ó Courel, imos aproveitar para facer unha presentación oficial da obra.

A segunda xornada, programada para outubro, vai ser unha continuidade e ampliación desta primeira. Pretendemos que a xente coñeza a zona ben e dun xeito ameno e divertido.

Como inflúe a xeoloxía na zona?

Inflúe en moito máis do que nós pensamos. Hai que ter en conta ca composición do chan dunha zona é a súa riqueza. A parte do clima, a xeoloxía é todo. Por iso, nesta primeira xornada, hai unha cata de viños xeolóxica. Dependendo da composición do chan, os caldos acadan uns matices ou outros que lles dan un sabor e textura totalmente diferentes. A nosa riqueza basease nas rochas da zona.

Que valoración fas da visita dos avaliadores da UNESCO?

Moi boa. Sabían moi ben ao que viñan e o que tiñamos. Cando eles participan neste tipo de candidaturas, saben perfectamente as características da zona. É máis, dentro dos 9 apartados a avaliar durante a súa visita, un dos puntos é a xeoloxía e soamente ten un 5% de peso no total da puntuación. Na súa visita sobre todo o que valoran é a xestión de medios, recursos, financiación a longo prazo, turismo e estrutura, entre outros, para que o Xeoparque cumpra con todas as regras que debe ter para ser declarado como tal.

Sería moi arriscado afirmar que imos obter a candidatura a primeira vez que nos presentamos porque aínda queda moito traballo por facer. Hai que pensar que aquí os concellos teñen presupostos anuais e sen embargo, dende a UNESCO pídenos a 4 anos. Aínda cos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e o Courel están unidos nesta causa, non poden confirmar presupostos a tanto tempo. E logo están as diferentes administracións nacionais. Hai partidas que dan as Deputacións, outras o goberno central, hai convenios que se firman cun só organismo,mantemento das estrutura…é complicado tanto buscar financiación como poder presentar en firme un proxecto con todo os requisitos.

Que opinión ten a xente do proxecto a nivel local?

Ó principio eran reacios ó tema porque escoitar Xeoparque e xa se pensaba en restricións pero pouco a pouco fóronse dando conta da relevancia que ten isto. Non fai falta dicir que os nativos da zona saben dende fai moito a riqueza que posúen pero a denominación de Xeoparque, ó principio, era extrana.

E a nivel provincia, temos coñecemento da riqueza do Courel?

Non, aí somos uns completos descoñecidos. Si é certo que ca visita dos avaliadores da UNESCO coñecéusenos un pouco máis. Os medios fixeron moita labor de dar a coñecer o proxecto pero aínda queda moito camiño que percorrer.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...