HomeComarca de SarriaLáncaraImputado en Láncara por matar dun disparo o can do veciño

Imputado en Láncara por matar dun disparo o can do veciño

Está acusado de maltrato animal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Novo caso de suposto maltrato animal no concello lucense de Láncara. A Guardia Civil vén de anunciar que investiga un veciño desta localidade lucense, de 58 anos de idade, como suposto responsable da morte dun can; polo cal se lle imputa o delito de maltrato animal con resultado de lesións graves.

Os feitos aconteceron no lugar de Viladiga, cando, supostamente, a persoa investigada disparou a súa escopeta a un can –de raza mastín– que era propiedade doutro veciño da parroquia. O animal sufriu lesións graves como consecuencia do disparo, que finalmente rematou coa súa vida. A persoa investigada vén de ser posta a disposición xudicial, séndolle tamén intervidas de forma cautelar as armas na súa propiedade.

O caso deste veciño imputado senta unha peza máis na longa listaxe de denuncias por maltrato animal rexistradas na comarca de Lemos nos últimso anos. En xuño de 2020 transcendeu un vídeo no que se apreciaba un cazador de Chantada arrastrando a súa cadela logo de terlle propinado un disparo mortal no Páramo.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...