HomePolíticaQue pasa cos investimentos na mellora do saneamento de Monforte?

Que pasa cos investimentos na mellora do saneamento de Monforte?

O Partido Popular de Monforte de Lemos asegura que o Concello non investiu aínda "nin un só euro do remanente incorporado ao convenio asinado coa Deputación e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para a mellora do saneamento cidade."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira, Katy Varela, fai esta afirmación logo de estudar a documentación remitida pola entidade local e que xustifica a liquidación da Conta Xeral de 2020, que prevé someter á aprobación do Pleno. Esta cantidade engadida ascende aos 750.000 euros.

Para a popular trátase “dun feito gravísimo pola falta dunha xestión clara”, pois esta mesma fin de semana produciuse outra rotura dunha tubaxe na rúa Xoán Montes. “Xa o dixemos en moitas ocasións, que o saneamento é un dos principais problemas que temos na cidade, pero o que resulta un despropósito é comprobar como tampouco se gastaron os 750.000 euros que o propio Concello incorporou do remanente de 2020 a este convenio, aumentando considerablemente o investimento nesta materia. Lamentamos que a falta de traballo chegue ata este punto, sobre todo, logo de que se anunciase o convenio para dar unha solución integral ao problema. O que fixo o alcalde é enganarnos a todos os monfortinos e monfortinas”, remarca a voceira popular.

Segundo se anunciara no seu día, este convenio permitiría a renovación total ou parcial dos colectores das rúas Morín, Xoan Montes e Valle-Inclán; do barrio das Cruces, na parte que transcorre ao carón do regato de As Malloadas; a supresión do aliviadoiro do Parque dos Condes; e a mellora do saneamento. “Actuacións que, tal e como dixera o goberno local, porían fin á filtración de gran cantidade de auga limpa, que entra na rede de saneamento e dificulta o funcionamento da depuradora.”

A este respecto, e co fin de que a entidade local actúe “coa máxima claridade posible”, os populares, a través do rogo presentado, tamén esixirán ao alcalde que conteste sobre se ten previsto conceder ao seu Grupo o histórico que lle foi solicitado por escrito das sancións acumuladas nos últimos catro anos polos vertidos contaminantes do río Cabe. Os populares fixeran esta solicitude á entidade local logo de constatar que existe unha nova multa por valor de 1.800 euros da Xunta de Galicia polo vertemento en Cobas. 

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...