HomesociedadeXornada en Carballedo sobre sostibilidade, ecofeminismo e mulleres rurais

Xornada en Carballedo sobre sostibilidade, ecofeminismo e mulleres rurais

Este sábado, día 31 de xullo, celebrarase en Castro (Carballedo) unha xornada que abranguerá temas vencellados á sostibilidade e ás mulleres rurais, facendo especial énfase en como estas se relacionan co territorio que habitan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actividades, organizadas pola pedagoga, Ana Randolfe, coa colaboración da Asociación de Veciños O Bubaíño -Castro-, e financiadas polo GDR Miño-Ulla, comezarán ás 10h da mañá falando de Comercio Xusto coa ONG Solidariedade Internacional de Galicia; farase tamén unha cat de cacaos.

Ás 12h darase paso a un coloquio sobre Ecofeminismo, no que participarán mulleres como Rosa Arcos (ex-presidenta de FADEMUR Galicia) ou Beatriz Rodríguez Morales (Doutora Enxeñeira de Montes pola USC). Xa pola tarde, ás 16h, presentarán os seus proxectos representantes da Asociación As Espigadoras, da Asociación Pedagóxica Casa da Ponte e da Granxa Casa da Fonte. Rematará a xornada cun obradoiro guiado por dúas enxeñeiras agrícolas sobre a creación de bombas de biodiversidade seguindo a técnica Nendo Dando. 

Todas as actividades son gratuítas. No caso da primeira, de Comercio Xusto -que inclúe unha cata de cacaos-; e da última -o obradoiro-, cómpre inscribirse no link que se atopa nos carteis e no Facebook en: GDR Asociación Miño Ulla ou Aavv. O Bubaiño De Castro.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...