HomesociedadeO Saviñao recibe este ano 374.000 euros da Deputación

O Saviñao recibe este ano 374.000 euros da Deputación

A Deputación Provincial leva investido desde o 2016 máis de 1,5 millóns de euros no Saviñao en melloras de núcleos rurais e dinamización do emprego, servizos sociais e cultura

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación Provincial leva investido en 2 anos e medio 620.000 euros na mellora de infraestruturas no Saviñao. As actuacións realizadas foron: acondicionamento de accesos de Ousende, Abuime, Camiño de Agra e Marrube. Melloras con pavimentación nos accesos de Meán a Rega, Sanxumil, Salcedo, Santuiño, A Lama de Galegos, Corredoira, Susavila e Piñeiro, Morgade, Saroupe a Augalevada, a estrada de Rubián-Taboada, Praza en Currelos e Sardiñeira.

Este ano acometeranse as seguintes obras: acceso a Navallos, o muro de Ousende ao límite con Bóveda, desde a estrada de Monforte de Lemos ao Xesto; de Sobreda a Valdorrama; de Valdorrama a Lamapodre; Pimento, Corneas, Taiz, Capilla de Guadalupe, de Gruñedo a Chave; Buxán-Louredo; de Vilatiñosa a Corveixe; Bustelo-Vilaravides; de A Barxa a Abuime; de Cazapico ao acceso a Cavada e de Malveiros a Mosiños.

Ademais desde a Deputación anuncian que nas vindeiras semanas comezarán as obras de arranxo de preto de 10 quilómetros en dúas estradas provincias, que contan cun investimento de preto de 400.000 euros. Concretamente serán 7 quilómetros da estrada LU-P-5804 entre Rebordondiego e Morgade; e preto de 3 quilómetros da estrada  LU-P-5807 de Lamaquebrada a  Montecelo. Os traballos consistirán na limpeza e acondicionamento das cunetas, mellora do firme con aglomerado en quente, sinalización horizontal e vertical e pintado.

No balance que a Deputación fai dos investimentos desenvoltos no Saviñao nos últimos dous anos e medio inclúen:

  • Mellora da rede de alumeado público con 30.000 euros.
  • A creación de 29 postos de traballo co programa Depuemprego. Neste ano con este programa reforzáronse os servizos municipais cun chofer de tractor desbrozadora, 2 limpadores, 1 auxiliar administrativo, 1 conserxe, 1 monitor de tempo de lecer e 4 peóns.
  • Atención profesional dos maiores co Servizo de Axuda a domicilio para non dependentes e Teleasistencia, servizo que desde a Deputación din que a Xunta non atende.
  • Aula de Verán con 50 participantes para a realización de actividades lúdico-culturais, tamén inclúen as actividades do Nadal.
  • Dinamización social e cultural a Deputación adica 90.000 euros que se destinaron á posta en valor do Castro de Arxeriz e á celebración da Festa das Fachas en San Martín de Vilelos, así como ás actuacións e actividades que a Deputación programa ao longo do ano.

ÚLTIMAS

Tres persoas para 180 maiores: o BNG denuncia situación “inhumana” na residencia DomusVi de Monforte

O BNG denunciou este xoves no Parlamento a situación "insostible" e "inhumana" que viven...

A veciñanza de Monforte interésase pola xestión de residuos sólidos orgánicos

No stand repartíronse caldeiros para separar a materia orgánica na casa e recolléronse solicitudes...

48.000€ para mellorar o acceso a Revide e A Toca en Quiroga

O deputado de Rural, Daniel García visitou este mércores a vía na que realizará...

Activados os permisos para queimas agrícolas, de particulares e restos forestais

Dende este xoves pasado, quedan activadas as solicitudes para permisos de queimas de particulares,...