HomeCulturaRemate do 'Narra Sarria' e concerto de Xoán Curiel en Sarria

Remate do ‘Narra Sarria’ e concerto de Xoán Curiel en Sarria

O primeiro ciclo de narración oral na vila de Sarria chega ao seu fin este domingo 1 de agosto, día no que tamén se poderá gozar dun concerto a cargo da formación que lidera Xoán Curiel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O ciclo Narra Sarria chega ao seu fin este domingo 1 de agosto. Nesta derradeira xornada Nerea Brey contará para os máis pequenos ás 12.30 horas no Malecón. “Lúa e o tesouro do hórreo” é o título do seu espectáculo narrativo que recolle as lendas galegas da man dunha rapaza moi bulideira que está na busca dun tesouro.

Pechará o festival Iván Davila cos seus “Contos na lareira“, unha proposta para cativos de máis de 3 anos. Será na Praza da Vila ás 20.00 h.

E este mesmo día, outra interesante alternativa, un concerto de Xoán Curiel baixo o título de “Treides comigo!” e coa participación de Iris Gey e outros músicos. Terá lugar na Praza de Juan María López (Igrexa de Santa Mariña) ás 21:00 h. e o acceso será libre por orde de chegada ata completar aforo.

Nesta actuación asistiremos a unha revisión actualizada das cantigas da lírica medieval galego portuguesa, nunha sorte de “pop fusión medieval” no que Xoán e Iris, acompañarannos nunha viaxe con ritmos e cores doutra época e as historias que lles dan forma. Xunto a Xoán Curiel (guitarras e voz) e Iris Gey (voz) estarán tamén Carlos Freire (percusión), Bleuenn Lle Friec (arpa) e Álex Salgueiro (frautas).

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...