Homesociedade50.000 euros para o muro da ponte de Pacios de Veiga, na...

50.000 euros para o muro da ponte de Pacios de Veiga, na Pobra do Brollón

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a realizar obras de reparación no muro de acompañamento da ponte de Pacios da Veiga, na Pobra do Brollón, ás que destina 48.300 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta ponte sobre o río Cabe forma parte da estrada autonómica LU-653 (que conecta a estación da Pobra do Brollón e Hospital do Incio) e recentemente detectouse un desprendemento puntual no muro situado na marxe esquerda do estribo que fixo necesaria a intervención. Obra que se espera estea rematada no prazo aproximado de dúas semanas.

Os traballos inclúen o baleirado do firme e do material do trasdós da parte danada, a execución do novo muro mediante pedra de mampostería grosa, o acondicionamento exterior cun acabado de mampostería vista acorde co resto do muro existente, o recheo do trasdós e a reposición do firme na ponte e nas súas inmediacións, así como dos elementos de defensa, sinalización e balizamento afectados.

Para a realizacións destes traballos é necesario o corte total de tráfico, desviando a circulación o tempo imprescindible por vías públicas; as modificacións están debidamente sinalizadas.

ÚLTIMAS

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...