HomeCulturaFillas do Tabú en Pantón e cinecleta no Saviñao

Fillas do Tabú en Pantón e cinecleta no Saviñao

O venres 6 a Biblioteca Municipal do Saviñao organiza a actividade "A cinecleta: cóntame un cine" e o sábado día 7 na praza do Concello de Pantón contarase co show de narración oral "Tabú".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Biblioteca Municipal do Saviñao continúa en agosto co ciclo de actividades do Programa Ler conta moito deste ano, coa actividade A cinecleta: cóntame un cine, o venres 6 ás 12 da mañá, coa que se repasará a historia do cinema mesturado con contos cinematográficos, coñecendo os fondos mariños das Illas Atlánticas, ou algún elemento da nosa historia máis próxima, proxectados desde a cinecleta.

Aplicaranse as medidas Covid establecidas para actividades culturais, polo que as prazas serán limitadas e deberán reservarse os días 4 e 5 presencialmente na biblioteca ou no teléfono 982 452324 en horario de 8:30 a 14:30.

E no Concello de Pantón, o vindeiro sábado, día 7, na praza do Concello contarase co show “Tabú”, un espectáculo de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade das mulleres que son cimento da nosa terra. As que poden explicar o que somos agora nós: Fillas do Tabú. Un tendal para poñer ó clareo todas as intimidades.

ÚLTIMAS

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...

Unanimidade do pleno de Folgoso do Courel para destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Este luns acordouse iniciar os trámites co Ministerio do Interior para conseguir o cambio...

Por Chantada propón que o parque das piscinas se chame Mirtha Castiñeiras, que foi 39 anos pediatra no municipio

O grupo municipal Por Chantada – Interior Galego Vivo vén de presentar unha moción...

A CIG celebra este 4 de novembro unha asemblea aberta en Monforte para impulsar a participación na folga xeral do día 11

A Confederación Intersindical Galega (CIG) convoca unha asemblea aberta en Monforte co obxectivo de...