Homesociedade8.000 persoas en xullo nos catamaráns da Ribeira Sacra

8.000 persoas en xullo nos catamaráns da Ribeira Sacra

Preto de 8.000 persoas realizaron no mes de xullo algunha das dúas rutas fluviais en catamarán que ofrece a Deputación de Lugo polos leitos dos ríos Miño e Sil, o que supón máis do 90% de ocupación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O perfil das persoas que realizaron as rutas no mes de xullo mudou con respecto aos meses de primavera. Agora practicamente todas as persoas que fan as rutas son doutras zona de España, contando con moitos andaluces e cataláns. Tamén chegaron persoas estranxeiras, cando na primavera practicamente recibíamos só galegos. 

García Porto adianta que se prevé un mes de agosto moi bo. “Xa temos preto do 70% de ocupación coas reservas rexistradas, algo que indica que probablemente cheguemos ao 100% de ocupación”. A Deputada avanzou que xa non quedan billetes para antes do día 19 de agosto, xa que están esgotadas as prazas salvo que se produzan cancelacións, por iso “animo á xente que se ten pensado facer a ruta, reserve con antelación porque se se agarda ao último momento pode que se quede sen o billete”.  

Este ano a temporada botou a andar antes que en anualidades anteriores, que sempre cadraba coa Semana Santa. “Nesta ocasión decidimos arrancar antes, na ponte de San Xosé, porque os catamaráns son unha oferta especialmente importante nesta situación de pandemia para axudar a recuperarse aos sectores económicos máis afectados polas restricións sanitarias, como son o turismo, a hostalería e o comercio local”, subliña a Deputada. As rutas fluviais favorecen a proxección da Ribeira Sacra. “Son unha boa maneira de promocionar o noso territorio a través do turismo, sobre todo neste momento marcado pola pandemia. O visitante busca alternativas ao aire libre, en plena natureza e seguras, como a que ofrece este servizo da Deputación de Lugo”.

Rutas, reservas e horarios

Ata finais de ano, as persoas interesadas en coñecer a Ribeira Sacra a bordo dos catamaráns da Deputación de Lugo poden acceder á web reservas.rutasembalses.es, ou ben contactar no correo electrónico catamaranes.turismo@deputacionlugo.org ou no teléfono 982.260.196 en horario de luns a venres, de 09:00 a 14:30 horas.

Mantéñense os dous percorridos: a ruta fluvial Canón do Sil, que parte do embarcadoiro da Deputación Ponte de Sil, en Monforte de Lemos; e a Ruta Fluvial do Cabo do Mundo, que transita polo Saviñao, Pantón e Chantada. Ata o 12 de setembro as rutas realízanse de luns a domingo, en horario de mañá, tarde e noitiña. A partir do 12 de setembro e ata a Ponte de decembro pasarán a funcionar de mércores a domingo con dúas viaxes por día. 

O servizo de catamarán funciona adaptándose ás medidas establecidas polas autoridades sanitarias en cada momento e seguindo protocolos propios da institución provincial no marco da súa actuación para extremar a prevención e a contención da Covid-19. Ao igual que a temporada pasada, o aforo das embarcacións está reducido á metade e a frecuencia das viaxes está adaptada para evitar que nos embarcadoiros se produzan concentracións de persoas. 

ÚLTIMAS

O PP de Monforte considera que as cámaras instaladas na cidade son para impoñer multas, non para mellorar a seguridade

A voceira popular, Katy Varela, explica que se pide esta información dadas as reiteradas...

Este 18 de xaneiro preséntase o tomo IX de Alicerces

O acto de presentación terá lugar este sábado, 18 de xaneiro, no Auditorio Municipal...

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...