HomesociedadeComo nos afecta a nova tarifa eléctrica?

Como nos afecta a nova tarifa eléctrica?

A Xunta de Galicia está a levar a cabo unha campaña informativa sobre a nova tarifa eléctrica a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), que organiza charlas en distintos municipios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo desta campaña é facilitar aos consumidores a información necesaria para aforrar na factura da luz tendo en conta os tres períodos horarios que contempla a nova tarifa implantada polo Goberno central –val, chairo e punta–, así como resolver dúbidas relacionadas, por exemplo, coa contratación de potencia ou o novo recibo da luz.

O IGCC ten previsto levar a cabo preto de 60 talleres por diferentes municipios galegos ao longo deste ano, combinando as modalidades presencial e online, tanto en zonas urbanas como rurais.

Dentro desta campaña informativa, o Instituto Galego de Consumo e da Competencia traballa tamén en novos contidos dixitais e interactivos na súa web, onde xa se pode atopar información referida á nova tarifa, e crearase tamén un apartado de preguntas e respostas, así como consellos e boas prácticas para axustar a factura.

Ata o momento están programadas, no centro e sur da provincia, sesións informativas no concello de Triacastela, o día 19; en Sober, o día 24; en Quiroga o día 26; e, xa en setembro, o día 1 en Paradela.

Todos aqueles que precisen más información, poden acudir a calquera oficina que o IGCC ten repartidas polas sete grandes cidades de Galicia, ou ben chamar ao teléfono gratuíto 900 23 11 23, operativo de 9 a 14 horas de luns a venres. Ademais, contan tamén cun correo electrónico no que trasladar as súas dúbidas ao organismo, así como un asistente de reclamacións. Pódese obter máis información e consellos prácticos tamén na web do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...