HomePolíticaOs socialistas de Chantada acusan ao alcalde de castigar as aldeas do...

Os socialistas de Chantada acusan ao alcalde de castigar as aldeas do concello

Raquel López destaca que o “rural de Chantada queda unha vez máis esquecido por Manuel Lorenzo Varela e o seu grupo”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pleno do concello de Chantada volve a tratar a modificación da ordenanza sobre o imposto de construcións, proposta á que os socialistas xa presentaran alegacións. No pleno de xullo, o PP retoma a  modificación desta ordenanza, pero sen ter en conta algunha das condicións “prioritarias” que propoñían dende o principal grupo da oposición, como manter as bonificacións do 95% nas construcións que se leven a cabo no Polígono dos Acivros

A portavoz do PSOE explica que o Concello “non vai bonificar a ese 95% as construcións gandeiras, e tampouco axudará nas rehabilitación de vivendas, unha reivindicación que levamos esixindo dende o partido socialista dende hai moito tempo”, aclaran dende o grupo socialista. Un abandono do rural que “tamén se escenifica na falta de redes de saneamento, traídas de auga e adecentamento dos viais, tal e como nos contan habitualmente veciños e veciñas como os de San Fiz e, por desgraza, de case todas as aldeas”, lamenta Raquel López.

Ademais, no mesmo pleno, o PSOE chantadino presentou tamén a xeito de rogo, a situación de varias zonas do Concello que considera totalmente abandonadas; como a falta de limpeza do Miradoiro de San Fiz, “Son imaxes de abandono en Chantada que reflicten o abandono do PP ó Concello que gobernan”, conclúen dende o grupo socialista.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...