HomePolítica"A alternativa 2+1 para a A-56 sería moi negativa," aseguran os populares

“A alternativa 2+1 para a A-56 sería moi negativa,” aseguran os populares

Elena Candia amosou en Chantada o rexeitamento do PP da provincia de Lugo a converter nunha vía 2+1 a A-56 entre Lugo e Ourense: “non sei se é un globo sonda para despistar; pero Lugo non pode renunciar a esa infraestrutura imprescindible para o sur da provincia”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares reivindican que se faga canto antes a autovía tal e como estaba proxectada: unha vía de nova construción que parte da autovía Lugo-Santiago, en Guntín, ata chegar á A-52 en Ourense. A presidenta dos populares lucenses advertiu que “para nós, a alternativa 2+1 sería moi negativa” e, polo tanto, pediu que “tanto o Goberno de España coma os socialistas de Galicia e da provincia de Lugo manifesten de maneira contundente o seu rexeitamento e amosen o seu compromiso claro e explícito coa autovía”.

Candia sinalou que “as infraestruturas son clave para a vertebración do territorio e o desenvolvemento socioeconómico da nosa provincia, un discurso no que tamén coinciden o resto das forzas políticas”. A este respecto, criticou o estado da estrada nacional N-540: “o seu abandono e falta de mantemento derivan na presenza de numerosas fochancas que afectan á seguridade deixando patente o nulo compromiso do Goberno socialista coa nosa provincia”.

Os deputados do PP das dúas provincias presentaron emendas no trámite parlamentario da Ley de PGE 2021 reclamando ao Executivo dedicar a esta autovía as cantidades consignadas nos PGE do 2018, pero foron rexeitadas polos grupos do Goberno.

Os orzamentos do Estado para este ano recollen dotación para os tramos da autovía correspondentes á provincia de Ourense e ningún tipo de previsión para os da provincia de Lugo. “Desapareceu das prioridades do Goberno o intercambiador das autovías A-54 e a A-56 en Guntín” que nos PGE do 2018 dispoñía de 2,5 millóns de euros de dotación orzamentaria.

“Actualmente só está en marcha, dende setembro do 2020, o tramo entre San Martiño e A Barrela, un proxecto que recuperou sendo ministra a popular Ana Pastor despois de varios anos sen concrecións por parte do Goberno socialista”, explicou Candia.

Os deputados populares téñense dirixido ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para coñecer en que situación administrativa e que previsións ten para avanzar nos tramos A Barrela-Chantada, Chantada-Taboada, Taboada-Narón e Narón-Guntín no que se engloba o intercambiador. A resposta do Ministerio en febreiro deste ano foi “totalmente elusiva”.

ÚLTIMAS

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...