HomeEconomíaD.O. Ribeira Sacra: baixada de existencias e repunte de vendas

D.O. Ribeira Sacra: baixada de existencias e repunte de vendas

Dende o Consello Regulador, afirman con optimismo que "os informes de peche do exercicio 2025 e o avance do primeiro trimestre de 2026 debuxan un escenario de firme recuperación, cimentado nun aumento constante da comercialización, un salto nos mercados internacionais e un vital saneamento das existencias en adega".

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Nun comunicado de prensa, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra informa dun escenario de recuperación no que o exercicio de 2025 consagrouse como o da recuperación “rexistrando os mellores datos de vendas do último trienio”. Ao peche do ano, a D.O. Ribeira Sacra alcanzou un total de 3.381.493 litros embotellados, cifra que representa un sólido incremento de máis do 5% fronte aos 3.220.050 litros que se embotellaron no ano 2024. “A tendencia é clara e demostra que o consumidor segue demandando o perfil único dos viños desta denominación, avalando o esforzo dos viticultores e adegueiros da Ribeira Sacra”, sinala o organismo regulador.

BAIXADA DE EXISTENCIAS

Outro fito importante do pasado ano foi a redución de excedentes de viño nas adegas, un dato vital para garantir a rendibilidade financeira do sector e o equilibrio do mercado. Dende a D.O. afirman que se chega a esta situación “grazas ao excelente ritmo de saída de produto durante todo o ano, ás valentes medidas adoptadas pola D.O. Ribeira Sacra (como a redución de rendementos, destilación de crise, colleita en verde e o traballo de promoción) e ao extraordinario traballo comercial das adegas”. Con todo, chegouse ao peche de marzo de 2026 cunha diminución das existencias de viño pendente de embotellar do 15,1% con respecto á mesma data da campaña anterior.

Viños D.O. Ribeira Sacra

Os almacéns pasaron de soportar máis de 6,15 millóns de litros retidos a 31 de marzo de 2025, a situarse nun inventario moito máis saneado de 5,22 millóns de litros en marzo de 2026, cunha diminución de existencias próxima ao millón de litros. Dende o Consello Regulador sinalan que “esta rápida absorción por parte do mercado revaloriza o produto e alivia a presión de cara ás próximas vendimas”.

UN MOI BO ARRANQUE DE 2026 E AUMENTO DE EXPORTACIÓNS

Segundo os datos oficiais do primeiro trimestre de 2026 rexistrouse un aumento –fóra das mellores previsións– na saída de viños respecto ao mesmo período do ano anterior. Embotelláronse 871.530 litros, en claro contraste cos 777.824 litros embotellados no primeiro trimestre de 2025. Isto supón un aumento do 12% na demanda directa nos tres primeiros meses do ano, confirmando a inercia positiva coa que arrancara o exercicio.

Ademais, o bo comportamento do mercado interior compleméntase co crecemento do 9% no volume de vendas internacionais durante o último ano. Este dato afianza o interese do mercado internacional polos caldos da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...