HomesociedadeComeza o estendido do aglomerado na estrada que une Ferreira e Currelos

Comeza o estendido do aglomerado na estrada que une Ferreira e Currelos

A Deputación de Lugo vén de iniciar o estendido de aglomerado nas obras do firme que afectan a diferentes tramos de tres vías ao seu paso polos concellos do Saviñao, Pantón e Monforte de Lemos

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A institución provincial inviste nestas obras 118.000€. Executa as actuacións a empresa FEVISA Vía e Obras SL. O proxecto abrangue a mellora do firme e da sinalización horizontal nas estradas LU-P-4102, LU-P-3202 e LU-P-3208, tres vías de relevancia para a mobilidade da zona sur da provincia e para a conexión entre parroquias e núcleos de poboación da Ribeira Sacra.

No caso da LU-P-4102, que comunica Ferreira con Currelos e enlaza a N-120 coa LU-611 á altura de Escairón, actúase na mellora de preto dun quilómetro de firme a partir do punto quilométrico 12. Ademais, procederase á reposición das marcas viarias entre os puntos quilométricos 6,165 e 11,020.

O proxecto contempla tamén a rehabilitación por tramos da LU-P-3202, entre Monforte de Lemos e O Saviñao, por Currelos. E da LU-P-3208, que une Seoane con Pol pasando por Cinsa.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...