HomesociedadeVolve o ‘Autocine Lemosía’ a Monforte

Volve o ‘Autocine Lemosía’ a Monforte

A iniciativa do Centro Comercial Urbano, realizada xa con éxito o pasado ano, volve os días 20, 21 e 22 de agosto con interesantes títulos na carteleira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro das campañas de dinamización comercial que se organizan desde o Centro Comercial Urbano de Monforte (CCU), este ano repiten unha actividade inédita en Monforte ata o ano pasado, o Autocine Lemosía 2021.

Ata fin de existencias, os clientes que fagan un gasto mínimo de 20 euros nalgún dos establecementos asociados ao CCU poderán vivir a experiencia dun Autocine no aparcamento do Parque dos Condes na fin de semana do 20, 21 e 22 de agosto.

COMO ACCEDER A UNHA RESERVA?

Feito o gasto mínimo de 20 euros nalgún dos comercios e/ou establecementos asociados ao CCU pódese solicitar un bono cun código de reserva de praza (Ata fin de existencias. Cada negocio asociado contará con 25 códigos para repartir entre os seus clientes).

Unha vez obtido este bono, co respectivo código, hai que entrar na páxina web www.ccumonforte.com/autocine e facer a reserva. As prazas son limitadas, 100 por película, co cal a organización aconsella non esperar a última hora.

IMPORTANTE:

Os bonos cos códigos necesarios para reservar a túa praza non dan acceso directo ao Autocine, só serven para facer a reserva nesta páxina web.

CARTELEIRA

VENRES 20 DE AGOSTO:

20.15h VOLANDO JUNTOS. Ano 2019. 113 min. 

23.15h EL HOMBRE INVISIBLE. Ano 2020. 124 min. 

SÁBADO 21 DE AGOSTO:

20.15h TRASTO. Ano 2019. 87 min.

23.15h ADÚ. Ano 2020. 119 min. 

DOMINGO 22 DE AGOSTO:

19.15h LA GALLINA TURULECA. Ano 2020. 79 min.

22.15h HASTA QUE LA BODA NOS SEPARE. Ano 2020. 110 min. 

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...