HomeMedio ambiente e PatrimonioComeza a escavación arqueolóxica do xacemento de Penas do Castelo

Comeza a escavación arqueolóxica do xacemento de Penas do Castelo

O xacemento foi rozado e rexistrado en xuño nunha actuación promovida pola Comunidade de Montes de Salcedo. A limpeza permitiu incluír Penas do Castelo no circuíto de visitas guiadas de verán do Concello da Pobra do Brollón, polo que xa pasaron varios centos de persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A semana próxima comezará a escavación do xacemento Penas do Castelo en Salcedo, A Pobra do Brollón. A campaña enmárcase nun proxecto que os promotores definen como ‘arqueoloxía de aldea’ e que xurde da colaboración da Asociación Veciñal de Salcedo, a Comunidade de Montes, o Concello da Pobra do Brollón e a Xunta de Galicia, quen financiará a actual escavación.

O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda comenta que o proxecto de Penas do Castelo é ‘a terceira iniciativa de arqueoloxía comunitaria que se pon en marcha no municipio en colaboración con entidades locais. Ademais dos valores comunitarios e identitarios, estamos a crear unha rede de recursos visitables que cada vez goza de máis demanda’.

Visita Penas do Castelo / Concello da Pobra do Brollón

A escavación será financiada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. A directora xeral de Patrimonio, María Carmen Martínez Insua, destaca a importancia deste xacemento situado na bisagra entre a Ribeira Sacra e o Xeoparque Ancares-Courel, nunha parroquia ademais que conta cun gran patrimonio cultural, representado na figura do Oso de Salcedo.

Un recurso xa visitable

A escavación que comeza a semana do 23 de agosto será executada por Árbore Arqueoloxía ao longo de tres semanas e centrarase na muralla do xacemento.

A intervención permitirá crear un recurso aínda máis espectacular ao deixar á luz as dúas caras da muralla de grandes dimensións. Ademais tratarase de establecer a datación do xacemento mediante a toma de mostras que serán analizadas por Carbono 14.

O lugar de Penas do Castelo estaba clasificado como xacemento altomedieval, pero a roza permitiu establecer paralelos – os seus foxos escavados na rocha, a tipoloxía das murallas e organización interna do recinto – con outros castros do Courel e incluso ourensáns como o de Castrillón en Larouco, que tamén está a ser escavado.

Tamén durante os traballos de roza apareceron múltiples escouras pétreas que fan pensar aos investigadores nun poboado de tipo mineiro, reforzado polos coñecidos depósitos minerais da contorna.

Escavación con actividades paralelas

Ademais da escavación arqueolóxica, hai previstas unha serie de actividades de difusión. e divulgación que inclúen charlas, obradoiros, visitas guiadas, andainas, proxeccións e concertos.

ÚLTIMAS

A UNED de Monforte supera por primeira vez o cento de matrículas

José Tomé, que tamén ostenta o cargo de presidente da Xunta Reitora da UNED...

A comezos do 2026 comeza a funcionar a cociña da Galiña Azul de Chantada

A Galiña Azul do Concello de Chantada forma parte desde o 2008 do Consorcio...

PP e BNG desmontan a fonte de Tomé no Parque dos Condes

A voceira do popular, Katy Varela, amosou o seu desacordo co anuncio de Tomé...

Fin de semana de Máster de Futbolín de Sarria

A directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participou...