HomeMedio ambiente e Patrimonio"Preocupante" situación do encoro de Belesar, ao 30% da súa capacidade

“Preocupante” situación do encoro de Belesar, ao 30% da súa capacidade

"Un posible escenario de seca en Galicia durante os próximos meses podería agravar a situación aínda máis", advirte nun comunicado a Xunta, que extremará a vixilancia. O Goberno central abriu expediente informativo a Iberdrola e Naturgy pola situación de catro presas.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta anuncia que vixiará “estreitamente” a evolución dos niveis de ocupación dos encoros de Belesar, Portas, Cenza e Salas, na conca hidrográfica do Miño-Sil, ao considerar que a súa situación é “moi preocupante”. De feito, o Goberno central abriu expediente informativo a Iberdrola e Naturgy, as empresas concesionarias, para investigar o seu baleirado.

“Un posible escenario de seca en Galicia durante os próximos meses podería agravar a situación aínda máis”, advirte nun comunicado a Xunta no que apunta ás comprobacións feitas “nas últimas horas” por técnicos da Consellería de Medio Ambiente.

Os datos de ocupación nestes catro encoros “non son os esperados nin os habituais para esta época do ano”, avisa. De feito, en Belesar, en Lugo, e en Salas, en Ourense, os informes da Xunta indican que o seu actual nivel de ocupación –30,1% e 27,3%, respectivamente– non se alcanzou o ano pasado ata finais de outubro. No caso das Portas e Cenza, ambos na provincia ourensá, a situación “é aínda máis anómala xa que en ningún momento de 2020 chegaron a estar, como agora, a un 15% da súa capacidade. A ocupación mínima foi dun 55,9% no caso do primeiro e dun 20% no segundo.

O outono adoita ser a época de maior seca en Galicia, de forma que os encoros alcanzan os seus niveis máis baixos cara a finais de outubro, apunta a Xunta. “Pero tendo en conta a actual ocupación de Belesar, Salas e sobre todo, As Portas e Cenza, se non chove nos próximos meses a situación podería complicarse moito”, incide.

En definitiva, e ante a situación xerada pola “incomprensible decisión dos titulares dos aproveitamentos hidroeléctricos de Belesar, Salas, As Portas e Cenza de baleirar estes encoros”, a Xunta seguirá vixiante “e non dubidará en actuar con rapidez e contundencia se detecta o máis mínimo incumprimento do caudal ecolóxico ou calquera tipo de consecuencias ambientais nestas zonas”.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...