HomeCulturaInterritmos chegará a Ribeira Sacra-Courel en outubro

Interritmos chegará a Ribeira Sacra-Courel en outubro

Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) Asociación de Desarrollo Local Deloa, Salnés-Ulla-Umia e Ribeira Sacra-Courel asinaron un convenio de colaboración para traballar en rede no Concurso INTERRITMOS: SONS DO RURAL, que busca a potenciación do patrimonio musical galego.

Publicado o

POR
Redaccion
- Advertisement -

O Concurso está destinado a músicos/as, grupos e/ou bandas instrumentais e/ou vocais, de ata un máximo de 8 compoñentes, con traballos que versen tanto na recreación ou evolución de pezas tradicionais, como en pezas de nova creación que beban da música de raíz.

Para o desenvolvemento de Interritmos, primeiro terá lugar un concurso de maquetas en liña. De entre todos/as os/as participantes, un xurado profesional seleccionará seis finalistas que participarán nun encontro musical o 25 de setembro no Náutico de San Vicente do Mar, no Grove. Neste Encontro Musical, a través dunha actuación en directo, serán seleccionados dous grupos/artistas gañadores, que realizarán un circuíto
musical ao vivo nos territorios implicados.

Outra novidade nesta edición do INTERRITMOS 2021 é a celebración de coloquios e charlas que tratarán de distintos aspectos da evolución da industria cultural e da música tradicional, que contarán con figuras de relevancia no sector musical tradicional, así como coa presencia de profesionais dos medios de comunicación no eido da música. Estes coloquios e charlas, xunto coa actuación musical dos gañadores do concurso chegará a Ribeira Sacra-Courel os vindeiros 8 e 9 de outubro.

ÚLTIMAS

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...