HomePolítica"As obras en Monforte son chapuzas, debería de haber máis control técnico",...

“As obras en Monforte son chapuzas, debería de haber máis control técnico”, asegura o PP

A portavoz popular, Katy Varela, di que ao alcalde gústalle moito posar para a foto ao pé das obras pero non pon interese en que haxa un control técnico realmente eficaz que evite que se convertan en "chapuzas".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A portavoz popular, Katy Varela, cita un par de exemplos para que se vexa con claridade o porque da crítica ao deficiente control da execución dalgunhas obras municipais que cualifica de chapuzas.

Sinala que na rúa San Pedro houbo o pasado 27 de maio unha avaría na rede de distribución de auga. Para acceder á canalización e facer a corresponde reparación, foi preciso romper o pavimento da rúa. “A reparación do pavimento foi moi chapuceira e a calzada quedou moi mal.” Sigue explicando a portavoz popular: “Ao facer a reparación, non repintaron sinais horizontais, o que é especialmente grave porque esta carencia afecta de cheo a un paso de peóns. Pasaron xa tres meses da reparación e está totalmente claro que a obra foi una verdadeira chapuza, polo menos no que se refire a reparación do firme e a reposición da pintura”.

Por outro lado, Katy Varela indica que a rúa Concepción Arenal hai dous meses que foi motivo de obras de mellora do pavimento e pasadas as semanas, a vía segue sen ter sinalización horizontal, creando numerosos problemas de tráfico nesta rúa. Os populares xa levaron a pleno unha iniciativa porque “os camións que traballaban nesta rúa mancharon o pavimento da praza da Estación e aínda non o limparon; cando vai calor, ao pasar os peóns sobre esas zonas manchadas notan como se lles pegan os zapatos ao pavimento. O alcalde dixo que esas manchas desaparecerían en canto chovera, pero seguen alí”.

Varela declara: “É lamentable que o alcalde non dea as instrucións oportunas para que se leve a cabo una limpeza a fondo do pavimento da praza, para eliminar esas incómodas manchas”.

ÚLTIMAS

Este 16 de xaneiro preséntase en Chantada “Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo”

A Irmandade Cultural País do Faro organiza para este venres, 16 de xaneiro, a...

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....