HomesociedadeMonforte subirá a nivel máximo de alerta esta fin de semana

Monforte subirá a nivel máximo de alerta esta fin de semana

O mesmo nivel ocuparáo a localidade coruñesa de Ordes. A consellería estima que o aumento "explosivo" de contaxios se debeu á ponte festiva.

Publicado o

- Advertisement -

Monforte subirá na madrugada deste sábado a nivel máximo e converterase nunha das dúas únicas localidades coas medidas máis restritivas de Galicia–unha franxa baleira desde a semana pasada– tras o rexistro de brotes. A outra localidade é o concello coruñés de Ordes.

No caso de Monforte, Sanidade fala na publicación do DOG de “un aumento da incidencia explosivo na última semana”. Na rolda de prensa posterior ao Comité Clínico do martes, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinalou que atribuían a situación, esencialmente, á ponte de tres días, a celebración de festas patronais, comidas privadas e mesmo casos rexistrados “na hostalaría”.

Máis información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...