HomePolíticaO PP defenderá a integración do centro Nosa Señora do Carme de...

O PP defenderá a integración do centro Nosa Señora do Carme de Sarria na rede provincial de residencias

O Concello de Sarria, que xestiona o seu propio centro dende 1983, acordou, co respaldo do PP, solicitar a inclusión desta residencia, A Nosa Señora do Carme, na rede da Deputación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O viceportavoz popular no organismo provincial, José Antonio García, anuncia a presentación dunha iniciativa no pazo de San Marcos para que sexa atendida a solicitude do Concello de Sarria. García considera que o citado concello ten o mesmo dereito que calquera dos outros que asinaron acordos coa Deputación para que a súa residencia funcione de modo similar en canto á financiación.

Segundo o acordo plenario da corporación de Sarria, a integración terá que ser o resultado dunha negociación entre o Concello e a Deputación, para definir as condicións nas que se levará a cabo. Por parte municipal hai o compromiso de aprobar o convenio marco de cooperación entre os concellos e a Deputación para implantar e executar o sistema de servizos sociais nos centros de atención a persoas maiores. Igualmente, aprobará as ordenanzas de acceso ao servizo de atención a persoas maiores e a reguladora do prezo público para estancia na residencia.

Os populares destacan que desde que a residencia de Sarria empezou a funcionar, en 1983, o Concello viuse obrigado a cubrir cos seus orzamentos os déficits xerados na súa xestión, así como a asumir os gastos de mantemento e conservación do edificio e instalacións, e os custos correspondentes aos novos investimentos

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...