HomeMedio ambiente e Patrimonio20.000 euros para a creación dunha ruta xeolóxica en Ribas de Sil

20.000 euros para a creación dunha ruta xeolóxica en Ribas de Sil

A Xunta financia íntegramente esta ruta que discorrerá polo trazado da ruta da Cubela que está dentro da Zona de Interese Comunitario (ZEC) Ancares-Courel.

Publicado o

- Advertisement -

A intervención consistirá na colocación de paneis informativos. Tamén se executarán varias obras como a formación de cunetas en diferentes tramos, a colocación de pasos de auga e o estendido dunha pequena capa de zahorra nalgúns puntos. A ruta que se habilitará forma parte dunha ruta circular na que se pode apreciar a paisaxe característica do Sil xunto coa diversidade da flora e fauna e o patrimonio arqueolóxico e arquitectura románica e tradicional. O proxecto pretende centrarse no interese xeolóxico da zona, xa que no trazado existen formacións xeolóxicas interesantes como o denominado “Ollo de sapo”.

A axuda responde a un programa da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para colaborar con concellos e particulares na conservación e acondicionamento dos espazos incluídos na Rede Natura 2000. Segundo apunta do delegado territorial, José Manuel Balseiro, con este programa fináncianse actuacións dirixidas á recuperación de elementos históricos, culturais e naturais importantes para o mantemento da paisaxe e das condicións ambientais que os caracterizan.

 

 

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...