HomeMedio ambiente e PatrimonioA Ribeira Sacra podería converterse en Reserva da Biosfera esta semana

A Ribeira Sacra podería converterse en Reserva da Biosfera esta semana

A UNESCO reunirase en Nixeira para decidir se a candidatura, na que van integradas as serras do Oribio e o Courel, progresa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Unesco reúnese esta semana en Nixeria para decidir se finalmente o espazo natural conformado pola Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel se converte na sétima reserva da biosfera de Galicia.

A “última palabra” sobre a candidatura, como informou a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda nun comunicado, correspóndelle ao Consello Internacional de Coordinación do Programa Men and Biosphere (MaB), que entre este próximo luns e ata o 17 de setembro reunirase na cidade nixeriana de Abuja, onde dará a coñecer os nomes das novas reservas da biosfera de todo o mundo.

O departamento da Xunta cualificou este momento de “decisivo”, case tres anos despois de que a candidatura arrincase, a principios de 2019, cunha primeira proposta elaborada co Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da Universidade de Santiago de Compostela e da Fundación Juana de Veiga.

Unha vez superado o trámite ante o Comité Español do Programa Mab, que avalou por unanimidade a proposta en novembro de 2020, a iniciativa para declarar esta zona reserva da biosfera chegou ao órgano consultivo internacional da Unesco.

A Xunta sinala que afronta os últimos pasos do proceso “con optimismo” e que “se todo transcorre segundo o esperado” e a proposta galega se aproba, a declaración da nova reserva entrará en vigor tras a súa publicación no Boletín Oficial de Estado, ao tratarse dun instrumento internacional de protección.

Así, sinalan, a Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel converteríase na sétima reserva da biosfera declarada en Galicia e na segunda máis grande da Comunidade, posto que o espazo natural, situado entre as provincias de Lugo e Ourense, abarca unha superficie total de 306.534,77 hectáreas.

Remarca Medio Ambiente que o territorio incluído na candidatura alcanza un total de 23 concellos –18 lucenses e cinco ourensáns–, que se estenden polos canóns do Río Sil e Río Miño; “unha zona de gran beleza natural e moi rica desde o punto de vista cultural e etnográfico”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario...

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de...

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

"Reboiras: Acción e corazón" aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante...

O PP de Monforte esixe ao Concello de Monforte sinalizar Ribas Altas como “zona non apta para o baño”

A voceira popular, Katy Varela, explica que xa levan anos pedinso ao goberno de...