HomeDeportesDous 'barcos dragón' navegaron polo Cabe

Dous ‘barcos dragón’ navegaron polo Cabe

O club de piragüismo Quixós cambiou a xornada de adestramento deste domingo por unha xornada de lecer a bordo destas embarcacións, nunca vistas no río monfortino.

Publicado o

- Advertisement -

Na xornada matinal deste domingo, 12 de setembro, dúas embarcacións exóticas cunha vintena de tripulantes cada unha, foron a atracción no río Cabe de Monforte.

Tratábase de dous ‘barcos Dragón’, unha especialidade de deporte de orixe chinés con máis de 2000 anos de antigüidade. Aínda sendo orixinaria de Asia, este tipo de embarcación está xa estendida por outros continentes, incluído Europa.

Un dos barcos dragón. Foto: Marga M.

Os barcos que empregou o Quixós acolleron uns 20 tripulantes armados de pás e levaban unha cabeza de dragón na proa e un rabo do mesmo animal na popa. Ademais, na parte dianteira ía sentado un tripulante cun tambor e na parte traseira un dos deportistas do Quixós encargábase do timón.

Todo un espectáculo para a xente que paseaba pola beira do Cabe nesta xornada matinal de domingo e unha experiencia diferente de adestramento, lecer e convivencia para os e as deportistas do club monfortino.

Estes barcos Dragón foron cedidos pola Xunta de Galicia para o seu uso durante uns días e terán que ser devoltos para que outros clubs poidan gozar da mesma experiencia.

ÚLTIMAS

O filme documental “O Son da Serra” comeza este 14 de novembro en Taboada as proxeccións pola provincia

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel...

A loita contra a desinformación chega a Chantada este 14 de novembro

Este xoves, 12 de novembro, a alfabetización mediática do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia...

‘Saborea e Canta o Outono’ na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...