InicioPolíticaCandia prepárase para nas municipais conseguir a Deputación

Candia prepárase para nas municipais conseguir a Deputación

A presidenta e candidata á reelección mantivo en Chantada un encontro previo ao 18º Congreso cos compromisarios da zona sur da provincia, no que, entre outras cuestións, abordou a do baleirado dos encoros e a necesidade de que o Goberno central adopte medidas contra o peche de oficinas bancarias no rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presidenta do PP provincial e candidata á reelección sinalou como un dos exemplos positivos máis recentes de política construtiva “o acordo alcanzado no Parlamento galego por unanimidade para solicitar á Xunta o desdobramento total do corredor Nadela-Monforte que, todo hai que dicilo, xa contaba co compromiso da conselleira”. Pola contra, lamentou que os socialistas rexeitaran solicitar ao Goberno central asuntos pendentes en materia de infraestruturas da súa competencia na provincia como as autovías Lugo-Ourense e Monforte-Chantada e que tampouco apoiaran unha iniciativa do Grupo Popular para reclamarlle ao Ministerio o arranxo da N-540. “O PSOE só responde a intereses partidistas”, apuntou.

A popular chamou ao “traballo constante e de forma próxima aos veciños” co obxectivo posto nas municipais do 2023. “O Partido Popular foi a forza máis votada na provincia nas municipais do 2019, pero non podemos confiarnos”. Pola contra, “temos que esforzarnos para facer chegar aos lucenses o noso proxecto e que nos dean a oportunidade de gobernar na Deputación para rachar co modelo personalista, partidista e sectario e implantar un modelo de administración provincial que apoie e reforce aos concellos, como é o seu cometido”.

O senador e alcalde de Chantada, Manolo Varela, amosouse “moi orgulloso de recibir en Chantada aos compromisarios de toda a zona sur da provincia”. Así mesmo, o popular asegurou que “continuamos comprometidos en traballar para acadar mellores servizos e infraestruturas para a provincia, a zona sur e, en particular, para Chantada”.

Por outro lado, Elena Candia explicou que, tal como se acordou nunha recente reunión de alcaldes populares, o Partido Popular da provincia de Lugo levará iniciativas ás distintas institucións demandando ao Goberno de España un plan estatal para combater o peche de oficinas bancarias nos entornos non urbanos”. Ten que ser unha normativa coordinada coas administracións autonómicas, provinciais e locais e que inclúa medidas para facilitar o acceso da poboación a estes servizos.

Tamén aludiu ao baleirado dos encoros, indicando que están xustificados os expedientes abertos pola Xunta porque a CHMS non pediu autorización, nin comunicou para levalo a cabo.  Lembrou que a Lei de pesca continental de 2021 especifica que xa existe sanción “cando poidan derivar danos para as especies piscícolas”.

ÚLTIMAS

600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4 de maio

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías:...

A Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

José Tomé felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno por potenciar este...

Do 9 ao 17 de maio, actividades do Concello de Monforte con motivo do Día das Letras Galegas

O 9 de maio, ás 6 da tarde, a Casa da Cultura acollerá a...

Lugo pon en valor o románico da provincia con 17 visitas guiadas

A Deputación de Lugo organiza por cuarto ano consecutivo rutas gratuítas para conmemorar o...