HomeCulturaO documental "Asolagados" na canle de Vimeo da Vicepresidencia da Deputación

O documental “Asolagados” na canle de Vimeo da Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon a disposición de todo o público o documental Asolagados, dirixido por David Vázquez, que recolle a memoria dos aldeas anegadas pola construción do encoro de Belesar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O audiovisual estará dispoñible para a visualización gratuíta a través da canle de Vimeo da Vicepresidencia, desde este luns (21.00 horas) e durante un periodo de tres meses, co obxectivo de ampliar a súa difusión despois de ser proxectado en diferentes festivais e outros espazos culturais.

O documental recompila testemuños sobre a vida nas vilas e aldeas asolagadas polo encoro de Belesar en 1963. A memoria de lugares como Abideira, Porto, Castro, Candaz, Santa Marta, Pincelo, Ponte Fortes, A Samugueira, San Paio, Mourulle, Portomeñe, A Hermida ou Ribó emerxe no audiovisual, nas voces de persoas que viviron nestes lugares antes da construción do encoro e que se viron obrigadas a deixalo todo.

Desde a Vicepresidencia animan á cidadanía a que seguir os seus perfís en redes sociais para poder ver este audiovisual de xeito gratuíto, descubrindo “un traballo excepcional ao redor dun suceso que forma parte da nosa historia” e que “hoxe, á vista do que está a acontecer coa suba da luz, ofrece tamén unha oportunidade para tirar conclusións sobre como dende o Estado se repartiron e reparten os custos e os beneficios da produción de enerxía eléctrica en Galiza”.

A proxección recolle imaxes e sons da Ribeira Sacra e do río Miño, dos restos que quedaron de casas, bodegas, propiedades, e incluso como se resentiu o medio natural da contorna co arrase de árbores e outras especies. O impacto foi terrible e así o explican dez testemuñas que habitaron as zonas mencionadas antes da construción do salto, e que se viron na obriga de deixalo todo e fuxir cara outro lugar.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...