HomesociedadePiensos Senra comeza a campaña da uva

Piensos Senra comeza a campaña da uva

Este coñecido establecemento da Comarca de Lemos ten xa á venda uva para particulares. Falamos con María José Senra que nos explica tamén a saída ao mercado de novos bebedoiros para animais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Metidos de cheo nas vendimas, Piensos Senra comezou tamén a súa tradicional campaña de venda de uva para particulares. Todos os seus establecentos: Monforte, na Rúa Benito Vicetto, 45 (tel. 982 40 07 68); Sober, na Praza do Toural, 2 (tel. 982 10 04 70); Ferreira de Pantón, na Estrada de Ourense, 64 (tel. 982 45 67 15) e Escairón, Rúa Valle Inclán, 8 (tel.982 45 27 23) dispoñen xa de uvas de Castela para abastecer aos seus clientes.

Segundo nos conta María José Senra, a súa xerente, o perfil de cliente que ten para esta campaña é “un produtor doméstico que fai viño propio e que busca darlle máis grao ao viño que fai dos parrais ou de viñas pequenas”. Entre as variedades que lle chegan de lugares como Toro ou Toledo están tintas como o tempranillo ou a garnacha e tamén distintas variedades de uva branca.

Ademais de vender a uva nos propios establecementos, ofrecen o servizo de entrega a domicilio e incluso o ‘despalillado’ para aqueles que non dispoñan da maquinaria necesaria para realizar este traballo.

A previsión é que a campaña se alongue ata principios de outubro, aí cara a ponte do Pilar, pero dependerá do tempo que se alongue a vendima este ano, que en principio vai algo adiantada.

75 ANIVERSARIO E NOVOS PRODUTOS

Piensos Senra segue a celebrar o seu 75 aniversario, unha efeméride moi importante para eles, e ofrecen dende o pasado 27 de abril artículos en oferta para agradecer a fidelidade dos clientes. Os artículos marcados cun tulipán teñen descontos especiais que non son de perder.

María José Senra no establecemento de Monforte / XdL

Aproveita María José tamén para dicirnos que ten á venda dende hai unhas semanas uns novidosos bebedoiros, especialmente pensados para animais que se crían ao aire libre: cabalos, vacas, porcos…

Os bebedoiros pequenos, de ata 100 litros, sempre tiveron saída, e agora comercializa uns de 500 e incluso 1000 litros que son de utilidade para explotacións de gando máis grandes.

“Son de formigón con ferro fundido e aguantan moi ben o frío e o calor”, dinos María José Senra dando a entender que resisten as inclemencias meteorolóxicas do noso territorio.

Bebedoiros de grandes dimensións. Foto: Piensos Senra

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...