Homesociedade59.000 euros para mellorar a zona das Vivendas Val de Lemos

59.000 euros para mellorar a zona das Vivendas Val de Lemos

Este mércores, 22 de setembro, comezarán as obras na zona das Vivendas Val de Lemos. As actuacións enmárcanse nos 10 proxectos de mellora de rúas, vías e camiños, tanto urbanos como rurais, que o Alcalde anunciara o pasado mes de xuño, e que en total alcanzan un investimento de case medio millón de euros, en concreto, 457.653,31 €.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na zona das Vivendas Val de Lemos levarase a cabo a rexeneración do seu firme, sobre unha lonxitude de 725 metros de rúas, “o que significa que imos renovar todas as rúas do barrio Val de Lemos”, destaca o rexedor municipal.

Para esta actuación, o Concello destina un orzamento de 59.604,07 euros, e as obras serán executadas pola empresa Obras y Saneamientos Galicia SL (ás que lle foi adxudicada por 53.107,28 €), que terá un mes de prazo para a súa execución.

A zona obxecto destas obras comprende varios tramos de vías municipais situadas na zona das Vivendas Val de Lemos, que suman un total de 725 metros, cunha superficie de 5.432 m².

O Alcalde destaca que “esta obra suporá unha mellora moi significativa do firme de todas as rúas municipais desta zona do Val de Lemos, polo que os seus veciños contarán cunhas vías de comunicación totalmente renovadas e que lles permitirán transitas con comodidade e seguridade cos seus vehículos”.

“Este é outro proxecto importante co que seguimos mellorando a nosa cidade e tamén o conxunto do Concello. Continuamos así co desenvolvemento dun ambicioso programa de mellora de infraestruturas viarias da nosa cidade e das nosas parroquias, porque este é un compromiso que eu como Alcalde teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas dende o inicio do meu mandato hai seis anos”, concluíu o rexedor monfortino.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...